As nosas conexións sen fíos veñen precedidas dunha longa experiencia na implantación e xestión deste tipo de tecnoloxía. Contamos con máis de 10 anos de experiencia, nos que sen dúbida conseguimos mellorar e adaptar o servizo ás necesidades que impón o mercado. Dispoñemos de dous tipos de servizos para que calquera persoa/familia escolla aquel que máis se adecúe ás súas necesidades.
Desexas facer a contratación deste servizo? Tan só precisas pasarte polas nosas oficinas, cunha fotocopia do teu DNI, máis un recibo bancario. Do resto do proceso xa nos encargamos nós.